Condicións de venda

Esta páxina conten os termos e condicións xerais. Por favor, lea estes termos e condicións coidadosamente antes de realizar calquera pedido na nosa tenda. A realización dun pedido implica a aceptación destes termos e condicións.

O realizar un pedido en Artefíos, vostede garante ser maior de idade (ou ter consentimento paterno para realizala compra) e acepta os termos e condicións que se aplicarán a tódolos pedidos realizados. Ningún destes termos e condicións afecta os seus dereitos legais.


Información persoal

Toda información persoal que proporcione a través da nosa páxina será utilizada para realizar o envío ou proporcionarlle información sobre os nosos produtos. A información que proporcione só está dispoñible para Artefíos e Tictail e non será compartida con terceiros. Ten dereito a acceder, modificar ou solicitar que se elimine a información que posuamos acerca de vostede.


Pago

Tódolos produtos seguen sendo propiedade de Artefíos ata que se realice o pago completo. O prezo é o aplicable na data na que vostede realice o seu pedido. Os gastos de envío e outros gastos de xestión serán indicados antes de confirmala compra. Os gastos de envío por pedidos inferiores a 100€ será de 5€; no caso de acadar os 100€ no seu pedido, o envío deste será gratuíto.

Se vostede é menor de 18 anos debe ter o permiso dos pais/titores para comprar a Artefíos.

Tódalas operacións de pago son xestionadas a través de pasarelas específicas para garantir a súa protección. Non se almacena ningún dato referente a súa tarxeta de crédito e a transferencia de información realizase a través de encriptación SSL. Por favor, lea os termos e condicións para a pasarela de pago seleccionada, pois é a responsable das operacións realizadas.


Cookies

Artefíos utiliza cookies de acordo coa nova Lei de comunicacións electrónicas, que entrou en vigor o 25 de Xulio de 2003. Una cookie é un pequeno arquivo de texto que se almacena na súa computadora que contén información que axuda ó sitio web para identificar e realizar o seguimento do visitante. As cookies non danan a súa computadora, só consisten en texto, non poden conter virus e practicamente non ocupan espazo no deu disco duro. Hai dous tipos de cookies: "cookies de sesión" e cookies que se gardan de forma permanente no seu ordenador.

O primeiro tipo de cookie utilizado é "Cookies de sesión". Mentres visite o sitio web, o noso servidor web asigna o seu navegador á cadea de identificador único para non confundilo con outros visitantes. A "cookie de sesión" non se almacena permanentemente no equipo e desaparece cando se pecha o navegador . Para utilizar Artefíos sen dificultade é necesario ter as cookies habilitadas.

O segundo tipo de cookie garda un arquivo de forma permanente no seu ordenador. Este tipo de cookie utilízase para realizar un seguimento de cómo os visitantes se moven redor da web. Isto só serve para ofrecer ós visitantes un mellor servizo e apoio. Os arquivos de texto pódense borrar.

En Artefíos usamos este tipo de cookie para realizar un seguimento do seu carriño de compras e para manter as estatísticas dos nosos visitantes. A información almacenada no ordenador é só un número único, sen ningunha conexión coa información persoal.



Información adicional

Artefíos reservase o dereito de modificar calquera información, incluíndo pero non limitando, os prezos, as especificacións técnicas, termos de compra e ofertas de produtos sen previo aviso. En caso de que un produto estea esgotado, Artefíos ten o dereito a cancelar o pedido e lle devolveremos calquera cantidade pagada. Tamén Artefíos informará ó cliente dos produtos de reemprazo equivalentes se están dispoñibles. Artefíos informa que tódolos produtos están elaborados de modo artesanal, polo que poderán producirse pequenas variacións en tamaño e tonalidade da cor.

No caso de realizar un pedido dun ou varios produtos en grandes cantidades, e non contar con ese número solicitado, poñerémonos en contacto con vostede e lle facilitaremos o prazo de entrega. Se a vostede non lle interesase Artefíos ten o dereito a cancelar o pedido e lle devolveremos calquera cantidade pagada.

Se o pedido se tratase de toallas personalizadas o prazo de entrega, por cada toalla, é de 7 a 15 días naturais; debido o carácter artesán e personalizado do produto.


Tódalas consultas: artefios@artefios.org